A Fundación Feima acolle a mostra Trazos de Miguelanxo Prado

A BD a Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O vindeiro 18 de xuño Madrid verá un feixe de actividades arredor da BD galega. A Fundación Feima acolle a mostra Trazos: Cómic e ilustración de Miguelanxo Prado ás oito da tarde. Unha hora antes, este autor presentará a obra “Os compañeiros. A orde da pedra” que editou esta fundación con El Patito Editorial. Para rematar a xornada, na sede da Fundación, na rúa Fernando III O Santo poderá verse o documental 35 anos de historieta galega dirixido por Gemma Sesar.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Madrid, Cómic, Documental...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares