A Fundación Feima publicará reedicións de obras históricas da nosa banda deseñada

Reedicións históricas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Os compañeiros da orde da pedra”, a primeira obra comercial de Miguelanxo Prado que viu a luz a comezos dos anos oitenta como tiras en “La Voz de Galicia” será o primeiro número da colección que a Fundación Feima abre para recuperar obras históricas da banda deseñada galega. A “Biblioteca Feima de Clásicos da Historieta Galega”, que é como se chama a colección, desenvólvese en colaboración con El Patito Editora, e está previsto que a súa segunda entrega sexa unha escolma das tiras que publicou Eduardo Galán en “Diario de Galicia”. As obras contarán con prólogo e información de contexto.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Miguelanxo Prado, Clásicos, La Voz de Galicia

Claves

Protagonistas
Entidades