El Patito Editorial organiza presentacións dos seus últimos lanzamentos en Compostela e na Coruña

Patitour

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Logo de participar no programa galego do Saló del Còmic de Barcelona, El Patito Editorial comeza a presentación das súas novidades en Galicia. Por unha banda, a biblioteca Ánxel Casal acollerá o mércores 23 de abril ás sete e media da tarde a presentación de “Os compañeiros. A orde da pedra”, primeiro título da Biblioteca Feima de Clásicos da Historieta Galega que recupera as tiras que Miguelanxo Prado realizou entre 1980 e 1981 para “La voz de Galicia”. Para o vindeiro sábado, será Jacobo Fernández quen presente as súas “Aventuras de Cacauequi” no centro comercial FNAC da Coruña. A editora anunciou tamén que "Home sweet home", un libro de Eduardo Galán, "Dudi", será o segundo título da Biblioteca Feima e estará listo para o vindeiro Viñetas desde o Atlántico.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Patito Editorial, A Coruña, Ánxel Casal, Jacobo Fernández...