El Patito Editorial lanza “As aventuras de Cacauequi”, o Premio Castelao de Jacobo Fernández

Chega Cacauequi

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

En quince días sairá á rúa, con edición en galego e en castelán, “As aventuras de Cacauequi”, a obra coa que Jacobo Fernández gañara o último Premio Castelao de Banda Deseñada. El Patito Editorial publica este álbum que cualifica coma “un macrotexto no que a aparente sinxeleza oculta fondas reflexións en torno ao amor, as relacións humanas, a morte, a crueldade, a viaxe, o terror ou os límites entre soños e pesadelos”. A presentación será o vindeiro 26 de marzo no centro comercial FNAC da Coruña.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Jacobo Fernández, El Patito Editorial, Premio Castelao de Banda Deseñada...