O fenómeno dos blogs e a presenza da literatura galega na rede centran as intervencións de hoxe no simposio de editores

Lecturas dixitais

A adaptación das industrias culturais e dos dereitos de autor ás novas tecnoloxías, a presenza do libro galego en Internet e o papel dos blogs na creación cultural son os temas fundamentais que se tratan no simposio que a Asociación Galega de Editores organiza no Consello da Cultura co título “O libro e a lectura”. O produtor de Lg3, Santiago Montes, participa na mesa redonda sobre o a presenza do libro galego na rede, e autores de blogs coma María Yañez, Xabier Cid ou Uxía Casal debaten sobre importancia destes medios na creación cultural.

Máis información no web da Asociación de Editores e mais en Lg3