O II Encontro de Ilustradores Galegos achega á capital a Raúl, un dos clásicos da BD española

Raúl en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Raúl, un dos autores máis influínte da banda deseñada española desde os anos oitenta, visitará Compostela a vindeira fin de semana. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) convidou este destacado autor e ilustrador ao II Encontro que celebra o colectivo o sábado vinte e nove. Canda a el, o debuxante catalán Arnal Ballester impartirá unha conferencia ao longo da mañá dese sábado no local da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela, á que poderán asistir todos os interesados.

Máis información no web da AGPI

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Clásicos, Banda deseñada, Fundación Caixa Galicia...