Todos nos temos indignado cando logo de estar horas á cola as entradas esgótanse en dez minutos. E máis aínda cando resulta que alguén che di que había asentos libres no espectáculo ao que non puideches ir. Os pases de prensa, os asentos reservados, os convites, entradas de protocolo existen aínda que hai moita lenda urbana en canto ao seu número. Pero cando o río sona, auga leva.
O pasado 15 de xullo o Auditorio de Galicia acolleu un espectáculo que poucas veces se pode ver no noso país. O afamado director Lorin Maazel dirixía á Filharmónica Arturo Toscanini interpretando a compositores rusos Nikolai Rimsky-Korsakov (Sheherazade) e Modest Mussorgsky (Cadros dunha exposición). Foi o prato forte do Festival de Música de Galicia que organiza a Xunta de Galicia e a súa expectación foi inversamente proporcional á facilidade para conseguir unha entrada. Xa que era un concerto dun único pase e o aforo do Auditorio de Galicia é limitado, as entradas que se puxeron á venda esgotáronse en poucos días, os pases para que os xornalistas cubriran o evento foron limitados e os convites para autoridades levaron unha nota que viña a dicir que se avisara no caso de non empregarse. O concerto do mestre Maazel conseguiu un cheo case absoluto, pero non sempre é así.
Empezando polo principio
En primeiro lugar hai que distinguir o que son os pases, permisos de acceso por motivo de traballo do que son os convites, o que tecnicamente se chama entrada de protocolo e todos coñecemos como VIP. Os primeiros son para xornalistas e persoal do espectáculo, desde produción ata montaxe, que teñen acceso ao recinto para desempeñar as súas funcións. Habitualmente ocupan un lugar diferenciado do público en xeral, pero os motivos son puramente laborais. Os segundos, os de protocolo, resérvanse para autoridades e poden estar ou non separados do público pero ocupan un lugar privilexiado para ver mellor o espectáculo.
Como era de esperar, tanto as entidades públicas como privadas son reacias a explicar os procedementos. Agás, Caixa Galicia que preferiu non comentar o seu protocolo por considerar que son asuntos internos, no resto de entidades consultadas (Caixanova, Consellaría de Cultura, o IGAEM e o Xacobeo) vimos que o procedemento era similar. Houbo un gabinete de prensa que se desmarcou da liña xeral e criticou os vezos enraizados por parte de moita xente acostumada a recibir convites de xeito continuado que logo non emprega.
Modus operandi
Dado que existen diferentes espectáculos (unha ou máis funcións nun ou máis escenarios), de distinta natureza (non é o mesmo un espectáculo de música clásica que de teatro) cada un deles conta coa súa propia rutina. Pero todos seguen o mesmo proceso: unha vez confirmada data e lugar, imprímese un convite que se remite por correo. Cando se programan varios espectáculos, como pode ser o caso do Xacobeo, remítese unha relación á xente que figura na base de datos de protocolo e logo apúntase antes dunha data fixada. Logo, a medida que se achega o día da función recibe ou recolle no lugar indicado o correspondente pase ou entrada.
Ningunha das entidades consultadas contabiliza os resultados. É dicir, non teñen datos dos convites emitidos e dos que posteriormente se empregan. Ademais, aínda que tampouco teñen datos é un sentir xeral que os convites non son empregados pola xente que os recibe, senón que son cedidos a amigos ou familiares.
Outra similitude común entre o procedemento é que os departamentos de todas as entidades teñen unha base de datos de protocolo que se actualiza continuadamente. Neste apartado, Manuela Domínguez do Centro Dramático Galego matiza que cada espectáculo, ademais do envío xeral, ten a súa base de datos particular, son a xente que o propio director ou o elenco actoral decide invitar. En todo caso, unha listaxe particular que non forma parte do envío habitual que inclúe desde os contactos do Centro de Documentación do IGAEM ata autoridades. Manuela explica que para cada espectáculo pódense emitir unhas 1.700 invitacións, pero sabemos que moita desa xente non virá logo a ver a función, xa que se remiten a sociedades e centros de galegos de América e xente que vive fóra de Galicia. Como no envío, ademais do convite inclúese tamén un tríptico explicativo da obra, Manuela explica que se fai a título informativo, para dar a coñecer as actividades do CDG. Dado que todos eses convites se fan unicamente para o Salón Teatro de Santiago, que é o espazo que xestionan, e dado que ten un aforo limitado de 273 butacas, a fin de semana de estrea (tres funcións) resérvanse para as invitacións. Manuela precisa que, despois do día de estrea rigorosa, esa primeira fin de semana o despacho de billetes tamén se abre ao público en xeral. Agora ben, desde o CDG destacan que este era o procedemento seguido polo anterior director do CDG, Manuel Guede, e pensan que a situación pode mudar coa súa substituta, Ánxeles Cuña.
Pola súa banda, Caixanova desmárcase da liña xeral. A súa política é non favorecer os convites de prensa, é dicir, non envialos cando se notifica a programación. Iso si, se algún xornalista ten interese en cubrir un evento ten que ser el quen o solicite. Desde o gabinete de prensa destacan que as entradas de protocolo procúranse concentrar no primeiro dos tres días de función.
Un caso concreto
Fontes do Xacobeo explicáronnos que, no 2004, os concertos do Monte do Gozo tiñan 400 entradas de protocolo dentro dun aforo de 40.000 persoas e, na Festa dos mundos que tivo lugar en Santa Cristina reservaron 300 espazos para prensa e 200 para os VIP. Ademais, desde esta entidade puxeron especial interese en destacar que pode parecer frívolo ou superficial, pero o traballo do Xacobeo non se trata de organizar concertos e espectáculos senón en colocar a cultura galega no mapa. Esta é unha boa forma de facelo.
No caso de entradas VIP, as reservadas a autoridades, as mesmas fontes indicaron que a selección se fixo sempre desde o gabinete do anterior conselleiro de Cultura, que eran os que tamén se encargaban de remitilas. No caso da prensa, as acreditacións tramitábanse desde a propia Sociedade de Xestión seguindo o procedemento antes explicado. O Xacobeo ten no seu haber, da última edición, tres tomos de dosieres (unhas 6.000 páxinas) co publicado nos diferentes medios, e máis de 14 horas de gravacións de emisión de diferentes cadeas de todo o mundo. Polo demais, desde esta entidade destacan que non é exhaustivo porque sería imposible documentar todas as fontes presentes no evento.