O Festival de Cine de Ourense abre a programación a varios colectivos de inmigrantes

A organización repartirá 250 entradas entre diferentes ONG’s da cidade

15/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ourense conta con 4.000 inmigrantes censados na cidade. A maioía deles chegados de Portugal, Marrocos ou Sudamérica, pero existen moitas outras nacionalidades. Por iso, non é de extrañar que nun festival que leva como subtítulo “Galicia celebrando a diversidade” se dedicara unha serie de actividades destinadas a eses colectivos. Isto foi o que fixo onte o director do certame, Enrique Nicanor, xunto coa concelleira de Cultura, Isabel Pérez, cando convidaron a representantes de diferentes colectivos a contar a súa experiencia sobre como se estaban a integrar en Ourense, ademais de repartir 250 convites para que puideran asistir ás proxeccións dos trece ciclos fóra de concurso do festival.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cine, Festival de Cine de Ourense, Marrocos...