Aída Gómez está de xira por Galicia co seu espectáculo Salomé

Da devoción á profesión

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Salomé, a muller que pediu a cabeza dun home como prezo por un baile, é a última montaxe de Aída Gómez. Esta bailarina que ten no seu haber, entre outros méritos, ter dirixido o Ballet Nacional, estará en Pontevedra (día 14), en Vilagarcía (15) e na Coruña (16). Non é a única actuación de danza destes días, xa que as bailarinas Antía Díaz e Janet Novás, participarán no I Festival de Danza Contemporánea “Danzarela” que se celebra en Porriño a partir de hoxe. Ademais, en Santiago terán lugar as representacións dos colectivos Danzón e Ballet Estudio, que presenta as súas últimas montaxes.

Máis información sobre Aída Gómez no seu web, sobre o colectivo Danzón en La Voz de Galicia e sobre o fetival Danzarela no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Espectáculo, Montaxes, Faro de Vigo...