A Feira de Teatro presenta un programa con danza e mesas de debate

Teatro en venda

Danza, debate e moito teatro: Estas son as tres palabras clave do Festival de Teatro que se celebrará en Compostela do 20 ao 24 deste mes. 27 compañías (19 galegas) presentarán as súas novidades para os case 120 programadores que teñen, de momento, confirmada a súa presenza. O prezo das entradas para o público é de 2 euros. E de teatro tamén vai a mostra que comezou onte en Ourense. É a novena edición da Miteu que conta coa presenza de grupos universitarios de España, Portugal, Hungría, Inglaterra e Italia. Até o 2 de maio representacións, cursiños, concertos e exposición conforman o cartel da festa co teatro universitario en Ourense.

Máis información sobre a Feira do Teatro en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo e sobre a MITEU en La Región