O Ballet do IGAEM estréase en xaneiro cunha coreografía de Maruxa Salas

Ano novo, baile novo

26/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Día 6 de xaneiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Esta é a data na que se estreará "Vacuo" o espectáculo que inaugura o Ballet do Instituto Galego de Artes e Escénica (IGAEM).Os quince bailaríns e bailarinas escollidos para estrear esta formación danzarán ao son da música de Berroguetto, mentres que a coreografía e a dirección é obra de Maruxa Salas. Polo demais, segundo publicou "La Voz de Galicia", o espectáculo estará de xira por Galicia durante dous meses.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca sobre a danza

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, IGAEM, Espectáculo, La Voz de Galicia...