De afeccionado, os Max e Els Joglars protagonistas do teatro galego

Bis a bis

Estes días temos que falar de teatro. En primeiro lugar porque tres galegos, Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño e Cándido Pazó están nomidados ós prestixiosos galardóns dos Max que convoca a Sociedad General de Autores (SGAE). Ademais, os cataláns Els Joglars chegan estes días a terras viguesas para presentar a súa última producción. E arte escénica multiplícase en forma de festivais, xa que en Miño e en Sanxenxo comezan a dar os seus primeiros pasos artísticos en respectivas mostras teatrais.


Premios Max



A Sociedad General de Autores acaba de facer pública a lista de nominados para os premios Max de Teatro, os galardóns máis importantes e prestixiosos en todo o estado español de artes escénicas. E dentro das novidades deste ano aprarece a creación de novas categorías que premian a creación teatral nas tres linguas oficiis: o català, euskera e galego. E dentro desta categoría Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño e Cándido Pazó están nominados polo seu traballo. Nun total de 24 candidaturas e 5 honoríficas o comité organizador (integrado por todos os autores dramáticos e coreográficos da SGAE) premiará as mellores produccións teatrais. Nesta novena edición as montaxes "El Verdugo" do Teatro de Danza de Madrid, "La nit de les Tríbades" da Fundaciò Teatre Lliure de Barcelona e "La vida es sueño" da Compañía Nacional de Teatro Clásico disputaránse o premio ó mellor espectáculo .


Els Joglars



Os vindeiros 15 e 16 de marzo o teatro do Centro Cultural Caixanova acolle a presentación do seu último espectáculo "Daaalí". Unha representación dunha obra que pretende amosar a personalidade do artista catalán dende diferentes perspectivas e através da recreación da súa relación con diferentes artistas, a súa muller, Gala e Federico García Lorca. A obra fará especial fincapé na infancia, a pintura, o sexo e aqueles constantes que marcaron a vida e a obra do pintor catalán.