A experiencia “BD 24x24” da Xornadas de Ourense finaliza coa participación de seis autores

Os seis das vinte e catro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Seis foron os valentes que aceptaron o reto e se achegaron a Ourense o pasado venres para participar na actividade “BD 24x24”. A idea era que cada un dos participantes fixese unha historia de vinte e catro páxinas nun período de vinte e catro horas. David Rubín, Sergio Covelo, Miguel Fernández, Jordi Rodríguez e o tándem de Juanjo Rodicio e Rober Araújo coma equipo de guionista e debuxante, despregaron a súa arte entre as doce da noite do venres e mesma hora do sábado. Para evitar que partisen con idea previa, tiveron facer o xermolo da historia a partir das cinco palabras que aparecen nas cartas do xogo Pictionary. Jordi Rodríguez e David Rubín conseguiron finalizar completamente a súa historia, mentres Fernández e Covelo deixaron rematado o lapis e a metade do entintado, e Rodicio e Araújo quedaron na fase de bosquexo. Desde a organización salientouse o éxito da iniciativa aínda que lamentou a escasa asistencia, e anunciaron que se están a ver as posibilidades de que estes traballos vexan a luz, ben en papel, ben a través do web. Os responsables da actividade anunciaron tamén que contactarán cos coordinadores mundiais desta experiencia, que é a primeira vez que se desenvolve no Estado.

Máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, David Rubín, Miguel Fernández, Culturagalega

Claves

Entidades
Lugares