Dous manuais de interpretación e unha estrea marcan a actualidade teatral

Aprendendo e representando

A presentación de senllos manuais de interpretación que fixeron esta mesma semana Santiago Fernández e Manuel Lourenzo coinciden coa estrea a nivel estatal en Ourense de "Dulce pájaro de juventud", do dramaturgo americano Tennesse Williams.

Manuais


Manuel Lourenzo e Santiago Fernández presentaron esta mesma semana senllos manuais de interpretación que pretenden cubrir o oco exitstente neste eido en Galicia. "A voz do actor", de Santiago Fernández, recolle exercicios prácticos para traballar a expresión oral par actores, dobradores e xente interesada en desenovlver este xeito de comunicación, sendo a primeira obra sobre este tema que se fai en Galicia. Pola súa banda "Pensar co corpo", de Manuel Lourenzo, céntrase na expresividade corporal, partindo da experiencia do actor. Trátase doutra publicación pioneira no eido dos manuais de teatro no país.


Tennessee Williams


O Teatro Principal de Ourense foi o escenario da estrea a nivel estatal da adaptación do clásico do teatro "Dulce pájaro de juventud" de Tennessee Williams. É a primeira vez que esta obra se estrea en España de xeito íntegro nunha adaptación realizada por José Luis Miranda. A estrea foi todo un acontecemento social na Cidade das Burgas e acadou un cheo completo de público. A obra, dirixida por Alfonso Zurro e intrepretada por Analía Gadé e Pep Munné narra a historia dunha actriz e un gigoló que se atopan cando descubren que a súa xuventude xa pasou e reflexionan sobre o paso do tempo. Logo de dúas funcións que se desenvolverán esta noite en Ourense, a obra comezará unha xira por todo o estado.