Miguel Fernández Cid cesa como director do Centro Galego de Arte Contemporánea

O mañá comeza hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Esta tarde (20:00 horas) o CGAC presenta unha mostra antolóxica do pintor Xesús Vázquez. Non será unha inauguración habitual xa que hoxe xa non estará Miguel Fernández Cid, logo de que a Consellaría de Cultura dera por finalizado o seu contrato. Malia que, como contrato de alta de dirección, contaba cun preaviso de tres meses, a consellaría decidiu apartalo definitivamente do seu cargo aboando a liquidación pertinente non caso de cumprir ese prazo. Desde o gabinete de prensa apuntan que o nomeamento da persoa que o substituirá terá lugar nos vindeiros días e que é competencia exclusiva da Consellaría malia que o centro conta cun padroado.

Máis información sobre o cesamento en Vieiros e sobre o CGAC no noso especial

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Fernández, Vieiros, Xesús Vázquez, Culturagalega...