Fernández Cid será baixa como director do CGAC

O futuro CGAC

Miguel Fernández Cid vén de recibir a notificación do seu cesamento como director do Centro Galego de Arte Contemporáneo, tal e como nos confirmou o gabinete de prensa da institución. Galicia Hoxe informa un pouco máis alá ao comunicar que a baixa se producirá en tres meses cando se cumpra o prazo de preaviso fixado no seu contrato. Fernández Cid deixa o museo nun momento no que se vén de aprobar a súa conversión en museo e manterá a exposicións previstas ata final de ano.

Máis información en Galicia Hoxe e sobre Miguel Fernández Cid na nosa hemeroteca