O padroado do CGAC reúnese esta tarde (16:30 horas) en sesión ordinaria para aprobar os orzamentos e a programación deste 2005. Será a primeira xuntanza do ano para os 21 membros que forman esta comisión. Polo demais, Miguel Fernández Cid asegura hoxe nunha entrevista concedida ao Faro das Culturas, que o CGAC ten amosado nas mostras que realizou desde que está dirixindo o centro, unha vocación de implicarse co contorno galego e que a súa política de traballo se amoldará á Cidade da Cultura cando se coñeza realmente a que se vai dedicar.
Máis información sobre a xuntanza en Galicia Hoxe