Escritores e académicos unen esforzos en favor da lingua e a literatura

RAG+AELG

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Real Academia Galega acaban de asinar hoxe un convenio para unir os seus esforzos. Segundo informa Europa Press, o obxecto dese acordo é o de fomentar e intercambiar experiencias no marco da promoción cultural e da defensa e normalización da lingua e a literatura galega. Ademais, promoverán a divulgación da tradición literaria escrita en galego a partires da tradución das obras a todos os idiomas posibles co fin de conseguir a máxima difusión e coñecemento da literatura en lingua galega.

Máis información en Europa Press no web da CRTVG

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito