Ánxela Bugallo anuncia unha profunda reforma do IGAEM

O futuro IGAEM

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Esta mañá a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, mantivo unha xuntanza no Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) para definir o seu futuro. Logo da visita oficial, a conselleira anunciou unha profunda reforma que comezará, segundo informa Europa Press, por cambios na súa dirección. Ademais dos cambios nas convocatorias de bolsas, Ánxela Bugallo anunciou que se ampliará o seu orzamento para poder afrontar os “ambiciosos obxectivos” que se teñen marcados. En todo caso, a consellería non marcou prazos para os novos cambios que se realizarán no IGAEM.

Máis información en Europa Press

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Ánxela Bugallo, Europa, Artes Escénicas...