Vintecinco compañías participan en Santiago na IX Feira de Teatro

Nove veces teatreiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Van xa nove edicións da Feira de Teatro en Santiago. Sen embargo, esta vez existen novidades con respecto a outros anos; xa que por primeira vez está integrada na Coordinadora de Feiras de Teatro do Estado Español. Do 6 ó 10 de marzo, 25 compañías, máis de 130 promotores de espectáculos e técnicos culturais de España e Portugal exhibirán o seu facer teatral en sete escenarios compostelanos.

Selección

A traxectoria profesional, a novidade na exhibicións dos espectáculos, a cualidade e o interese artístico e o número de actuacións das candidatas foron algúns dos requisitos polos que foron seleccionadas 21 das 33 compañías galegas que se presentaron. Así, 21 compañías galegas e 4 de fóra da comunidade son as compañías que participarán na novena edición da Feira do Teatro de Galicia.


Cinco días

Durante cinco días, do 6 ó 10 de marzo, o Salón Teatro, o Teatro Galán, o Teatro Principal, a Sala Nasa, a Sala Sanyago, a Aula de Cultura de Caixa Galicia e a praza da Quintana acollerán as múltiples interpretacións programadas dentro da Feira de Teatro.

As novidades na organización

Por primeira vez a Feira do Teatro de Galicia, iniciativa da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, incorpórase na Coordinadora de Feiras de Teatro do Estado Español. Unha entidade que agrupa a trece comunidades e que conta coa participación de 365 formacións teatrais. Tódalas representacións están abertas a todo o público, e para fomentar a asistencia fixáronse prezos populares. De tódolos xeitos un dos obxectivos prioritarios é o de conseguir atraer a presencia de programadores culturais que contraten as compañías galegas fóra dos circuitos habituais.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Feira, Portugal, Turismo...