Os actos que celebran en Bruxelas o lanzamento dun novo álbum de Astérix inclúen música galega e queimada

Astérix baila muiñeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vindeiro lanzamento dun novo álbum de Astérix, a inmortal obra de banda deseñada creada por Goscinny e Uderzo, inclúe a recreación nunha praza desta cidade da aldea gala onde transcorren as aventuras deste personaxe. Os visitantes a esta escenificación poderán probar, segundo asegura a promoción do evento, a poción máxica que prepara o druída Panorámix. Nesta ocasión, a poción non será outra cousa que queimada, “feita de acordo cunha receita ancestral dos druídas celtas da outra banda dos Pireneos”, asegura o texto promocional. Ademais, para o vindeiro día vinte e catro de setembro, uns bonecos xigantes de Astérix e de Obélix danzarán “melodías celtas galegas” na praza da aldea. Unha curiosa presenza galega na celebración gala nun momento en que os últimos álbumes do galo non se están a editar no noso idioma. Si se poden encontrar aínda as traducións dos oitos volumes que fixo Blanco Amor para a libraría coruñesa Arenas e que continúan a se reeditar.

Máis información en La Voz de Galicia, na páxina de Astérix e no PDF sobre o evento a historia da edición galega de Astérix en Faro de Vigo (en PDF)

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Bruxelas, Banda deseñada, Faro de Vigo...