Tres novas obras chegan a Galicia

Ó teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Continúan a estrearse obras nos teatros galegos. "Otelo", "Escenas de matrimonio" e"Un tranvía chamado desexo" son as últimas que podemos ver en diferentes puntos da nosa xeografía.

Ingmar Bergman

A obra "Esceas de matrimonio", de Ingmar Bergman achegarase en marzo ata Galicia da man de Caixanova, realizando unha xira pola Coruña, Lugo , Ourense, Pontevedra e Vigo. A obra, representada por José Luis Pellicena e Magui Mira é da autoría do coñecido cineasta sueco Ingmar Bergman e narra, cun grande sentido o humor, a historia dun matrimonio de clase media. A peza escribiuse en tres meses e foi estreouse en Munich protagonizada por Rita Russeck que actualmente dirixe a montaxe por encarga de Bergman.


Otelo

A compañía coruñesa Librescena pechará a súa triloxía teatral "Tres mitos sobre o amor para a fin do milenio" coa representación de "Otelo". A obra de William Shakespeare representarase só con catro actores, en lugar dos dez previstos por limitacións orzamentarias. A obra, centrada nos ciumes e o desamor, completa o ciclo que comezou con "O barbeiro de Sevilla" e continuou con "Cyrano de Bergerac" e representarase no Teatro Principal de Santiago.


Un tranvía

A última das estreas que se desenvolve nestes días é a de "Un tranvía chamado desexo" que podrá en escea o grupo de teatro da Asociación Veciñal "Ensanche A" de Ferrol no centro Carvalho Calero. A obra estrearase o vindeiro día vintecinco, e non o vintetres como estaba previsto pola imposibilidade de dispor do espacio.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Xeografía, Carvalho Calero, William Shakespeare...