A Cidade da Cultura transfórmase este mes nun escenario. O Festival de Inverno Escenas do Cambio achega ao Gaiás as propostas escénicas máis contemporáneas. O proxecto quere se converter nun foro que poña en contacto os creadores galegos deste ámbito con propostas foráneas, e promete consolidarse como un punto de encontro fundamental para o panorama destas manifestacións artÃsticas no paÃs.
As primeiras sesións deste evento, que comezou o mércores da pasada semana e continúa a súa programación ata o final do mes no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, acadaron unha "asistencia impresionante, todos o espectáculos están cheos ou case e o espazo está a funcionar de xeito fantástico", segundo asegura Pablo Fidalgo, director de Escenas do Cambio.
Conectar
Canda isto, Fidalgo asegura no texto de presentación que Escenas do cambio pretende abrir portas aos creadores novos e achegar a Compostela experiencias "nace para sementar e para situar a arte por riba da polÃtica, para axudar á construción dun novo teatro galego". Compartir propostas e coñecementos, abordar xeitos de traballo diferentes e crear un punto de encontro son aspiracións dun proxecto que "apunta un cambio xeracional. A escena anticipa as transformacións do mundo. É e debe ser asemblea, encontro, catarse. Quere volver a ilusionar e unir os creadores novos que entenden que as fronteiras do teatro, a danza, a performance e a arte de acción son cada dÃa máis difusas", explica o director no seu texto.
Debates
Malia a que o programa de espectáculos está protagonizado principalmente por propostas foráneas, Fidalgo asegura que o encontro está orientado de xeito nidio cara ao panorama galego. "Tantos na conferencias como nos grupos de traballo están a se pensar cousas moi bonitas de cara ao futuro da escena contemporánea galega", asegura. E é que o tecer puntos de encontros e crear opcións de aprendizaxe é un obxectivo fundamental neste evento. "Hai moita xente a traballar no paÃs, aÃnda que o contexto non é o máis axeitado. Penso que ver cousas de fóra e atopar xente que se desenvolve noutros lugares é catárquico". Ademais, "para min o importante non son só os espectáculos e a exhibición, senón xerar un contexto para a xente e permitir que se poida crear unha continuidade".
Referencias e diferenzas
Deste xeito "a idea é convidar a persoas que sexan referencia na xestión e an escena a nivel europeo. Asà temos desde o director do Alkantara Festival, Thomas Walgrave, a xente como Idoia Zabaleta ou MarÃa Muñoz", que traballan en ámbitos máis pequenos como son o proxecto Azalea e LÂ’animal a LÂ’esquena. "Esta combinación de xente está xa a dar uns resultados e un nivel de reflexión que nos fai moita falta. Non estamos acostumados a pensar nun proxecto a anos vista, que é como hai que traballar", asegura Fidalgo. Entre os problemas que enfronta este tipo de acción artÃstica no noso paÃs, o director de Escenas do cambio apunta que "hai un problema forte de incomunicación e de loita entre cidades. Isto non se pode consentir na arte", sinala. "Temos que ser conscientes do noso contexto e da posición xeográfica de Galicia, e tamén facer autocrÃtica. En Bélxica un rapaz de 22 anos pode ter millóns de euros para crear, aquà non. Temos que saber onde estamos a traballa".
Propostas escénicas
Dentro das propostas foráneas que se poden contemplar no que resta do festival, para a vindeira semana catro compañÃas de Sudamérica visitarán o Gaiás. La Re-Sentida (Chile), Hermanos Oligor/MicroscopÃa (México) e Pablo LarraÃn (Chile) presentarán os seus últimos traballos. A fin de semana do 20 e 21 de febreiro Isabel Galván interpretará a peza fundamental do flamenco La edad de oro e Tiago Rodrigues presentará a performance By heart.
Galegos
A nivel galego, o encontro conta con propostas que o director sinala como fundamentais. "Hai xente de referencia como Chévere ou Matarile, que estiveron a estrear a súa última peza Teatro invisible. Logo hai propostas que a xente pode non vencellar ao teatro, como son Os contos de JoselÃn ou a proposta musical de Mónica de Nut, que ten un pensamento escénico moi forte". Canda a eles, apunta no panorama "toda unha serie de artistas novos, como Voadora, Diego Anido, Loreto MartÃnez Troncoso, UxÃa Vaello ou Amaya González Reyes. Hai xente con moita relación coas artes plásticas que traballan con ideas moi potentes". Varios destes creadores, canda a Branca Novoneyra e as arxentinas SofÃa Medici e Tálata RodrÃguez participan na proposta Mis Documentos, unha montaxe coordinada por Lola Arias na que os participantes exhiben e interpretan investigacións persoais, historias Ãntimas como a vida dun avó, a aldea onde se medrou ou a tendencia a acumular obxectos.
Fidalgo asegura que buscará a continuidade do proxecto. "Contamos con seguir outros anos e articular o apoio á formación destes artistas. Existen moitas expectativas e hai xente moi nova que ten que se formar e medrar".
Programa de Escenas do Cambio.As primeiras sesións deste evento, que comezou o mércores da pasada semana e continúa a súa programación ata o final do mes no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, acadaron unha "asistencia impresionante, todos o espectáculos están cheos ou case e o espazo está a funcionar de xeito fantástico", segundo asegura Pablo Fidalgo, director de Escenas do Cambio.