Continúan as obras que a Xunta paralizou nos dous encoros do Ulla

Parálise parcial

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
As obras dos encoros de Brandariz e de Touro continúan en marcha unha semana despois de que a Xunta anulase estes traballos de xeito cautelar. O proxecto, promovidos por Fenosa e Patrimonio Hidroeléctrico fora xa declarado ilegal o pasado mes de abril polo xulgado número un de Pontevedra. Agora, mentres o BNG do Concello de Touro solicita un pleno extraordinario do Concello para solicitar a paralización efectiva da construción, a Consellaría de Industria estuda medidas coas que parar este proceso e anuncia que de proseguir a construción dos encoros derivaranse as responsabilidades que se poidan esixir.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulla, Fenosa, Consellaría de Industria, BNG...