A FEG solicita a revisión do Plan Hidrolóxico para protexer os ríos mentres reclaman a protección do humidal de Vilareda

Chapapotes de auga doce

19/8/2003 | Redacción: Santiago.Redacción | Seccións: Medio Ambiente
5 lecturas | Compartido 0 veces
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) entregou onte na xunta 3.500 postais nas que outros tantos cidadáns solicitaban a revisión dos plans hidrolóxico e hidroeléctrico. Este acto forma parte da campaña “Sobran encoros. Faltan ríos vivos”, coa que os ecoloxistas queren impedir a construcción de novas présas nos cursos de auga do país. Mentres, a Plataforma pola Defensa do Alto Ulla presentou un escrito no Concello de Palas de rei para reclamar a recuperación do humidal de Vilareda. Este espacio estivo a sufrir nos últimos tempo recheos que reduciron a súa superficie case nun oitenta por cento.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia; web da FEG



Universo culturagalega.gal