¿Impórtalle a un noruegués que se constrúa un encoro no Río Mero? Pois semella que algo si lle pode importar. Vinteunha organizacións ecoloxistas europeas, galegas e internacionais están a colaborar para protexer os ríos do noso país. Todos estes colectivos, agrupados na campaña Faltan ríos vivos. Sobran presas, esixen a revisión dos plans hidrolóxico e hidroeléctrico de Galicia, xa que a construcción de encoros contemplados neles pode destruír a riqueza biolóxica de boa parte dos nosos cursos de auga.
A World Wildlife Found (WWF), a International River Network (IRN), asociacións para a defensa do salmón, e mesmo sindicatos traballan para conseguir a revisión do Plan Hidrolóxico Galicia Costa e o Plan Sectorial Hidroeléctrico aprobados no ano 2001 pola Xunta. Estes plans contemplan a posibilidade de construír vintecatro novos encoros ata o ano 2017 e ata cen presas e minicentrais hidroeléctricas. Segundo estes colectivos, as propostas da Xunta exceden con moito as necesidades reais de abastecemento de auga e de electricidade, e causarían estragos irreparables nas zonas ribeirás. Ademais, estas actuacións entran en contradicción coas Directivas Marco da Auga e de Hábitats da Unión Europea, que reclaman un emprego sostible deste medio. Este tipo de accións internacionais, pioneiras no noso país, teñen unha positiva experiencia previa non moi afastada. Unha campaña semellante impulsada entre 1999 e 2000 paralizou a construcción de setenta presas hidroeléctricas en Asturias.
A alarma
Cando no 2001 a Xunta aprobou os seus Planos Hidrolóxico Galicia Costa e o Plano Sectorial Hidroeléctrico saltaron as luces de alarma nas organizacións ecoloxistas. Desde a Asociación para o Estudio e Defensa dos Salmónidos (AEMS-Ríos con vida) saíu a idea de organizar unha campaña internacional. Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), que colaborou na coordinación do proxecto, Xosé Veiras sinala que se pensou en internacionalizar o proxecto para darlle máis peso, pensamos que tanto as institucións coma o conxunto da sociedade serían máis sensibles á campaña se visen que hai un apoio importante. Así, pouco a pouco fóronse contactando organizacións que poderían estar interesadas en apoiar o proxecto, Aproveitando os contactos que xa había en moitos casos e facéndolles ver a importancia natural dos ríos galegos no contexto europeo e as ameazas ás que están sometidos, sinala Veiras, que recoñece que as organizacións que non teñen unha delegación en España tiñan un importante descoñecemento dos ecosistemas fluviais galegos. A colaboración destas organizacións céntrase fundamentalmente na divulgación da campaña e dos seus materiais en diferentes países, e aínda que non é a maior campaña de defensa ambiental que se desenvolveu no noso país, si é a máis importante realizada a prol dos nosos ríos.
En marcha
O seis de xullo do ano 2002 presentábase ao público a campaña Sobran watios. Faltan ríos vivos. Sobran encontros. O obxectivo desta campaña poderíase sintetizar na demanda de que se cumpra a lexislación. Pedimos que estes plans se adapten á Directiva Marco da Auga, sinala Veiras. O primeiro paso foi editar setenta mil folletos (cun deseño no que parodiaban un realizado anteriormente por Unión Fenosa) nos que se explica a campaña e que inclúen unha postal dirixida ao conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, na que se lle solicita a revisión destes plans. Estes folletos, que se distribuíron por todo o estado, acompañáronse da creación dun web co dominio rios-vivos.org en que se inclúe abondosa documentación sobre a problemática fluvial, textos legais e un activo foro en que persoas de todo o país van dando conta das agresións que sofren os nosos cursos e auga e achegan as súas propostas á campaña. Desde as organizacións que coordinan esta actividade subliñan que esta campaña insírese nun conxunto de actividades que se están desenvolvendo xa desde hai moitos anos por parte das mesmas organizacións en defensa dos ríos galegos.
Polo de agora as organizacións que colaboran nesta campaña entregaron xa dúas mil destas postais no rexistro da Consellería de Medio Ambiente. Ademais, hai un número indeterminado que foi enviado directamente por cidadáns a título particular.
O atraso
O feito de que desde xullo do pasado ano non houbese unha maior presencia pública desta campaña débese a unha razón evidente: o chapapote tamén chegou aos ríos. A catástrofe do Prestige obrigou a atrasar case un ano o desenvolvemento dos traballos, xa que a maior parte das organizacións ecoloxistas implicadas afanáronse na loita contra a marea negra. As organizacións galegas que promoven a campaña estiveron obrigadas a concentrar a totalidade dos seus esforzos en tarefas relacionadas co Prestige, recoñece Veiras, que tamén sinala que aínda a día de hoxe moitos dos recursos destes colectivos seguen hipotecados neste problema que segue aí e que ten unha dimensión moi importante.
O traballo que resta
Retomado o ritmo da campaña, continúa a recollida e envío de postais á Consellería de Medio Ambiente, e o esforzo por manter actualizado o sitio web, que está a converterse no punto de encontro de todas as actividades en defensa dos ríos que se fan no país. A campaña vai seguir durante algún tempo máis apunta Veiras, quen tamén asegura que as organizacións ecoloxistas galegas seguirán traballando dun xeito ou doutro en defensa dos ríos e denunciando agresións. Polo de agora están a traballar na presentación dunha queixa contra estes plans ante a Comisión Europea. Tamén están pendentes de coñecer a revisións destes que está a realizar Augas de Galicia coa intención de adaptalos á Directiva Marco da Auga, aínda que as organizacións ecoloxistas non confían na aplicación que pode facer este organismo da lexislación europea. As directivas europeas son aplicadas polas administracións galega e central tarde, mal e a rastro, sinala o coordinador da campaña, non abonda con que se aproben para que se desenvolvan, fai falta acción social.
Loitas locais
Dentro da loita en defensa dos ríos, desde a coordinadora da campaña lembran que nos últimos tempos se conseguiron victorias importantes neste sentido, como a paralización do proxecto dunha minicentral que estaba proxectada no río Tambre, dentro dunha zona proposta para a rede Natura 2000 da Unión Europea. Ademais, sinalan que continuarán apoiando as mobilizacións que se convoquen aló onde haxa proxectos prexudiciais para os nosos ecosistemas fluviais, así coma as actuacións de todo tipo de organizacións locais que loitan contra casos concretos de agresións ambientais.