Unha mostra reúne en Sarria o traballo de cincuenta autores e escultores do Salón de Outono de París

París en Sarria

Sarriá terá, ata o vindeiro quince de setembro, un anaco de París na súa casa da cultura. Por primeira vez unha selección de obras que participaron no Salón de Outono da Cidade da Luz saen fóra de Francia e visitan esta vila luguesa. O escultor José Díaz, comisario da mostra, é o responsable desta iniciativa, que enmarca no proxecto de crear un centro de creación artística neste lugar. Entre outras actividades, Díaz pretende promover o intercambio de artistas galegos con franceses e organizar diferentes actividades culturais nesta zona.

Máis información en Galicia Hoxe