A nova conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, anuncia mudanzas para a Cidade de Cultura e no xeito de xestionar esta área

Virar o rumbo

Manter o proxecto arquitectónico da Cidade da Cultura pero elaborar un plan que o dote de contidos son, de xeito resumido, as intencións da nova conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, para o complexo do Monte Gaiás. Na presentación que fixo do seu equipo para este departamento da Xunta o pasado venres, Bugallo sinalou que deixará “a política cultural que prima edificios e espectáculos” e asegurou que ten a intención de “apostar pola calidade”. Nesta nova xeira da Consellería acompañarán á titular Carlos Amoedo coma secretario xeral técnico, Luís Bará no posto de director xeral de Creación e Difusión Cultural, Felipe Arias na área de Patrimonio Cultural, Santiago Domínguez a dirixir deporte e Fina Casal ocupando o cargo de xefa de gabinete.

Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe; entrevista coa conselleira en Faro de Vigo