A conselleira de Cultura anuncia un plan de promoción externa para consolidar este ámbito coma marca de calidade de Galicia

As vías cara ao exterior

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Consellería de Cultura está a traballar, segundo anunciou onte a súa responsable Ánxela Bugallo, nun plan para difundir a nosa cultural fóra das nosas fronteiras. Segundo Bugallo a intención deste proxecto é que a cultura galega sirva coma “marca de identidade e de calidade de Galicia no exterior”. Neste sentido anunciou que “a Galicia emigrante, o mundo da lusofonía, Galeusca e o ámbito hispánico e hispanoamericano” son os obxectivos prioritarios neste sentido. O anuncio desenvolveuse durante a visita que a conselleira realizou ao pavillón galego na Expo de Aichi, en Xapón, que está a chegar diferentes aspectos do noso patrimonio ao País do Sol Nacente.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Opinión

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Identidade, Lusofonía, La Opinión...