Polémica na Coruña sobre se se gañou ou non o premio Nations in Bloom

O importante é celebrar

¿Gañou ou non A Coruña o premio Nations in Bloom? Esta é unha pregunta que mantén en disputa ó xornal coruñés, LA Opinión, e o Concello da Coruña. O certo é que, polémicas á marxe, non queda claro cal foi, exactamente o premio que recibiu a cidade coruñesa. O sí se sabe ben certo, é que a ONU non ten nada que ver no certame, xa que os premios os concede unha entidade británica, a "Federation of Park and Recreation Administration" (IFPRA). E segundo se deriva na súa web, A Coruña gañou, unicamente unha mención honorífica por prácticas medioambientais sensibles. Sen embargo, no mesmo sitio web, no que existen certas contradiccións, as categorías dos concursos, e os participantes, non coinciden.

O que sí queda claro

Tal e como se informa estes días no xornal La Opinión, e as pesquisas realizadas por Culturagalega.org, quedan claras algunhas consideracións deste certame medioambiental. En primeiro lugar, quen concede este galardón non é a ONU, como a corporación municipal coruñesa se gabou de repetir, senón unha entidade privada. Trátase da británica Federation of Park and Recreation Administration (IPFRA) que ten como obxectivos prioritarios centrarse no aspectos dos parques, a recreación e ambientacion cultural dos espacios abertos antendendo a consideracións culturais propias e específicas de cada zona.
Este organismo, a IPFRA organiza anualmente un premio "Nations in bloom" (que se podería traducir por "Nacións que agroman") que é un certame de tipo competitivo e non benéfico no que se pretende que diferentes poboacións e localidades de todo o mundo compartan información sobre as súas políticas medioambientais. Segundo figura no sitio web, e nas declaracións que Alan Smith, responsable de Nations In Bloom, fixo ó xornal "La Opinión", participar no certame non é de balde. Cunha cota de inscripción que oscila entre as cen libras (26.000 pesetas, uns 156 euros) e as setecentas libras (184.000 pesetas, 1104 euros) segundo a participación da cidade. O que sí se deriva da información que figura na web, e que confirma hoxe o xornal La Opinión, é que a IPFRA destina unhas cincocentas libras (unhas 131.000 pesetas, uns 786 euros) para asistir ó acto de entrega de premio. Un acto que tivo lugar na localidade chinesa de Shenzhen o pasado 3 de decembro.











O que non queda claro


Hai moitas cousas que non quedan claro neste premio. Pero sobre todo, o máis importante que é ¿que premio gañou a cidade da Coruña? Iremos por partes. Na mesma web de Nations In Bloom existen contradiccións sobre as categorías de certames. Na páxina dos finalistas figuran categorías e cidades pre-seleccionadas diferentes ás que despois figuran na páxina que introduce a lista de premiados. No exemplo concreto da Coruña, na páxina de finalistas figura nunha categoría que vai desde ós 50.001 ós 300.000 habitantes, que desaparece na lista de finalistas. Contradiccións da propia web. Se nos fiamos da lista de gañadores finais, A Coruña só recibe unha mención especial que pretende galardoa as "Prácticas medioambientais sensibles" que se centra en cinco piares claves: mellorar a paisaxe, xetionaro patrimonio, facer participar á comunidade e os plans de futuro para avaliar a iniciativa medioambiental