O 40 por cento dos galegos pertencen a algunha asociación

GRÁFICO: Asociacionismo en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un dos tópicos máis frecuentes da nosa cultura é o individualismo. ¿Somos os galegos reticentes a participar en proxectos en común, colectivos e asociacións? O noso gráfico de hoxe pode axudarche a confirmar ou desmentir esta visión.

Aínda que os galegos temos sona de individualistas e pouco dados á acción colectiva, os datos parecen indicar que o tópico non está moi próximo á realidade. Deste xeito, case un 40% dos galegos está vinculado a algún tipo de entidade de intereses colectivos. A provincia con mellores índices é Pontevedra, cun 40.17%, seguida de A Coruña, cun 39.59% eLugo, cun 36.67% e Ourense, cun 33.02% dos cidadáns implicados en asociacións.

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2002

Recursos:

Xestora: descarga un programa de xestión de asociacións

Tema do día sobre a evolución do asociacionismo en Galicia

Información sobre Sociedade en culturagalega.org

Cultura e participación: descarga as actas sobre experiencias e teoría sobre asociacionismo e intercambio cultural

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Culturagalega, IGE, Pontevedra...

Claves

Entidades
Conceptos