Gráfico: Porcentaxe de parellas que realizan actividades xuntos en Galicia

GRÁFICO: COUSAS QUE FACEMOS EN PARELLA

Benvidos aos infográficos de culturagalega.org! Durante este verán, ofrecerémosche visualmente un dato de interese sobre a nosa sociedade e cultura mentres accedes a moitos recursos. ¿en que empregamos o tempo coa nosa parella?"



Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (2002)

Cousas de dous
Cada quen ten os seus gustos, pero parece que hai uniformidade na forma na que os galegos pasamos o tempo libre en parella.¿Que é o que máis facemos xuntos? Sobre todo camiñar. Segundo unha enquisa do Instituto Galego de Estatística(IGE), aos galegos camiñar é a actividade que máis nos gusta facer en parella. Séguelle, como non podía ser doutro xeito, as saídas gastronómicas como ir de viños, cear ou xantar fóra. E agora, que estamos no verán, facer turismo.


Ligazóns
Consulta no noso tema as técnicas de ligue das parellas galegas

Web do Instituto Galego de Estatística

Máis novas sobre as parellas na nosa hemeroteca