O mito do galego individualista que só busca o propio interese vai ter que ficar desterrado. A nosa sociedade amosa un vizoso movemento asociativo, que está por riba das medias estatal e europea. Ademais, o ámbito cultural destaca como un dos máis dinámicos en canto a fundacións e asociacións, mesmo nun momento no que está a se producir un acusado descenso do apoio público ao terceiro sector en Galicia. Repasamos o último documento do Observatorio da Cultura Galega sobre esta cuestión.
Enténdese como terceiro sector o formado por entidades sen ánimo de lucro, un ámbito que actúa como vehÃculo de participación da sociedade e que supón un ámbito fundamental de colaboración coa administración pública. O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega dedÃcalle a súa última análise a este ámbito, a atender de xeito particular ao dedicado ao ámbito cultural. As cifras revelan que, fronte á sona que temos os galegos de individualistas, o asociacionismo florece con forza na nosa sociedade.
Participación a nivel europeo
Un 23,6% dos galegos e galegas participaban en 2012 en asociacións, fundacións ou entidades sen ánimo de lucro. AÃnda que a porcentaxe pode semellar baixa, se temos en conta que a media europea é de 14,5, resulta que a nosa sociedade se atopa ao nivel doutras como a de Dinamarca ou Holanda, e ocupa un oitavo posto a nivel europeo. Por se fose pouco, a tendencia neste sentido é altamente positiva. Entre 2002 e 2012 dobrouse a cota de colaboración con estas entidades, que pasou dun 12% a case o 24%. A ratio é superior ao conxunto do Estado, que viu ascender este apoio unicamente dun 14,6 a un 22%. Contraste con este incremento o feito de que a media europea de participación baixou no mesmo perÃodo ata 2 puntos porcentuais.
A cultura mobiliza
A Cultura preséntase como un dos grandes ámbitos que moven o asociacionismo no paÃs. Segundo os datos que recolle o Observatorio da Cultura Galega, de 570 fundacións inscritas no paÃs, 157 son de tipo cultural. A nivel de asociacións, das 31.716 rexistradas pola Xunta, 9.910 teñen este mesmo carácter, un 31,2%. Nos dous casos estamos a falar dos maiores grupos dentro das entidades de cada tipo. No caso da fundacións, as de carácter asistencial ocupan o segundo lugar con 91 entidades rexistradas, mentres que nas asociación o posto correspóndelle ás de veciños, cun 16,4%.
Distribución xeográfica
AÃnda que se pode pensar que o asociacionismo cultural está vencellado a ámbitos urbanos, os datos tamén derruban esta idea. Se ben é certo que as cidades do paÃs integran a maior parte das fundacións culturais, (34 en Compostela, 28 en Vigo, 13 na Coruña, 7 en Pontevedra e 7 en Ourense) no caso das asociacións a distribución amosa un importante peso de ámbitos máis rurais. En números absolutos verifÃcase que son as cidades e mais a costa de Pontevedra as áreas cunha maior concentración de entidades deste tipo. AsÃ, e segundo recolle o traballo do Observatorio da Cultura Galega “entre as cidades de Vigo, Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña reúnen mais de 1.600 asociacións, sendo Vigo a que destaca de xeito sobranceiro con case 500, aÃnda que ningunha baixa das 200”. No entanto, se consideramos o número de asociacións culturais por cada 100.000 habitantes, o mapa revela un importante peso neste ámbito do rural ourensán. “Algúns concellos pequenos chegan a ter unha proporción de 10 ou máis asociacións por cada 1.000 habitantes. Case todos son da provincia de Ourense. Son os casos de Bande, Manzaneda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives, Santiso, Castrelo do Val, A Gudiña e Xunqueira de AmbÃa” sinala o documento.
Ritmo crecente
O asociacionismo semella continuar con forza crecente a súa implantación na nosa sociedade. AsÃ, no documento presentado obsérvase que o 90% das fundacións galegas naceron entre 1983 e 2010, e que neste perÃodo naceron unha media de 17,3 entidades cada ano, con picos de ata 35 en perÃodos como 1999 e 2001. As cifras son semellantes á media europea, aÃnda que nos últimos anos detéctase un certo baixón no ritmo de crecemento. En canto a asociacións, detéctase un crecemento constante desde os anos sesenta, con incrementos significativos a finais das décadas do 80 e ao longo dos 90 e un peso crecente das dedicadas ao ámbito cultural.
Menos apoios públicos
Fronte a estes prometedores datos, é de destacar a importante baixa no financiamento público a este ámbito. O apoio das Xuntas e das Deputacións Provinciais ás entidades sen ánimo de lucro de carácter cultural baixou entre 2009 e 2013 nun 62%. En total, as achegas desde estas administracións pasaron de 5.868.961 euros a só 2.224.353. Desde a Xunta, o número de axudas pasou das outorgadas a 581 entidades en 2008 a 152 en 2013, con contÃas medias que roldan os 5.400 euros nos dous anos. A suspensión da convocatoria de axudas de 2011 deixou unicamente a 10 entidades como receptoras de fondos do Goberno Galego ese ano. A maior parte destes apoios públicos desenvolvéronse mediante subvención en concorrencia competitiva, un apartado que pasou de orzamentos como os de 1.508.560 euros de 2008 ou os 2.745.249 euros de 2009 aos 720.000 de 2012 e os 750.000 de 2013. En xeral son as asociacións as que obteñen unha maior contÃa de axudas, fundamentalmente destinadas a apoiar actividades culturais, equipamento e mellora de locais. Pola contra, os convenios da Administración Pública destÃnanse sobre todo a fundacións, que obtiveron por este medio 3 millóns de euros, fronte aos 1,8 millóns da asociacións desde 2008.
Convocatorias de axuda a entidades sen ánimo de lucro. Serie temporal
A cultura e as entidades sen ánimo de lucro no web do Consello da Cultura.Enténdese como terceiro sector o formado por entidades sen ánimo de lucro, un ámbito que actúa como vehÃculo de participación da sociedade e que supón un ámbito fundamental de colaboración coa administración pública. O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega dedÃcalle a súa última análise a este ámbito, a atender de xeito particular ao dedicado ao ámbito cultural. As cifras revelan que, fronte á sona que temos os galegos de individualistas, o asociacionismo florece con forza na nosa sociedade.