Convócase o premio Ourense mentres os autores galegos preparan novidades para Viñetas desde o Atlántico

Hiperactividade veraniega

Mentres se preparan abondosas novidades para "Viñetas desde o Atlántico", a Casa da Xuventude de Ourense convoca os seus XV Premios para a mellor iniciativa na BD do país. Outro encontro próximo, a "Semana Negra" de Xixón, acolleu a presenza de Alberto Vázquez cos seus novos proxectos. Tampouco a actividade informativa decae: O blog de Xastriño seguiu ao detalle as Xornadas de Pontevedra. Na mesma bitácora hai unha extensa entrevista a Jano, na que anuncia a súa primeira obra monográfica desde "Patricia", hai tres anos: o comic-book "Layka", que editará Cabezabajo. Jano comenta influencias, publica mostras dos seus últimos cómics e confirma a súa desvinculación do colectivo Polaqia. Por outro lado, "Galicia Hoxe" entrevista a J.C.Abraldes, quen fala sobre animación e humor gráfico. Finalmente, sinalar que dúas tendas on line distribúen xa o fanzine Barsowia: Fillos de Galicia e Dous Pasos.

Vai á Entrevista a Abraldes, á Jano, máis sobre o premio Ourense en Galicia Hoxe e a páxina principal de Xastriño é esta