Un informe sitúa a Galicia está en quinto lugar de produción científica

I+D=5

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

De toda a produción científica estatal, Galicia achega un 8% que nos sitúa en quinto lugar. Os datos achégaos o libro “Indicadores científicos de Galicia. ISI, Web of. Science, 1990-2003” que promoveu o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e que foi publicado pola Direción Xeral de I+D. Nunha nota de prensa deste departamento, apúntase que é o primeiro documento que agrupa os indicadores científicos do país. O informe destaca por unha banda que o aumento de gasto público en I+D se traduciu nun incremento do persoal investigador e, pola outra, que o reto da investigación pasa por mellorar a investigación nas empresas que, de momento é moi escasa.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas

Claves

Conceptos