Un informe recomenda duplicar os investigadores para ser competitivos en I+D+i

O documento foi elaborado pola Sección de Ciencia do Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

“Sería necesario, cando menos, duplicar o persoal investigador no medio prazo se queremos ser competitivos”. Esta é unha das conclusións que aparece no informe Territorios innovadores. Diagnose dos índices de I+D+i en Galicia, un documento que analiza os indicadores neste edido de cara a identificar as súas deficiencias. Ademais de definir os conceptos principais e facer un diagnóstico da situación, establece unha serie de recomendacións para mellorar as políticas nos eidos estratéxico, organizativo, financeiro e dos recursos humanos. O documento foi elaborado pola Sección de Ciencia e Tecnoloxía do Consello da Cultura Galega e presentouse na sede desta entidade.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Consello da Cultura Galega, Tecnoloxía

Claves

Conceptos