O festival de BD de cangas estrea web e un novo número do seu cómic

Salon do cómic de Cangas punto com

12/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
32 lecturas | Compartido 0 veces
O festival de banda deseñada de Cangas estrea unha completa web. Nela pódense descargar o cartel e programa do encontro, así como fichas biográficas dos autores convidados na edición deste ano, que decorrerá a semana que ven, do 18 ao 24 de xullo. O web contén un tentador agasallo para os internautas: A edición dixital do número 3 da publicación que recolle os traballos gañadores do concurso cangués. Esta publicación en PDF de 33 páxinas, con capa a cor e interior en branco e negro ten deseño do debuxante J. A. Calvo, e contén traballos premiados nos 5º e 6º Certame de Cómic, correspondentes aos anos 2003 e 2004 respectivamente. Entre eles, historias de Jano, Xaquín Calo, "Gochi", e até cinco relatos de Susana Broullón, a autora máis galardoada neste bienio.

Visita o web en www.salondocomicdecangas.com


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Cómic, Gochi, Banda deseñada

Claves

Protagonistas
Lugares