O 7º Salón do Cómic de Cangas trae este ano varias novidades que contribúen a consolidalo

Novidades en Cangas

15/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cun logotipo propio e outras novidades como un obradoiro de caricatura e a publicación dunha revista conmemorativa presentouse onte a sétima edición do Salón do Cómic de Cangas. O evento celebrarase entre os vindeiros 21 e 27 no Auditorio Municipal cangués e está prevista a presencia de varios autores como David Rubín, Miguel Porto, Kiko da Silva, Carlos Pacheco e Miguel Porto, entre outros. O cartel deste ano é obra do estadounidense Gene Ha, e o logotipo, inspirado no facho de Donón, é de José Antonio Calvo. A revista que se publicará contén os traballos dos gañadores da primeira e segunda edicións do concurso que este ano xa vai pola quinta convocatoria. Durante os seis días do Salón os nenos poderán asistir gratuitamente polas mañás a un obradoiro onde lles ensinará a facer caricaturas.

Máis información na edición de hoxe de Atlántico Diario

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Cómic, Miguel Porto, Obradoiro...