Vigo acolle ata o 17 de decembro a IX Edición da Fotobienal

Obxectivos comprometidos

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O compromiso social e o documentalismo son os eixos da IX edición da Fotobienal de Vigo. Unha nova mostra que se presenta fieis ós principios que a fixeron posible: a producción de exposicións propias e a recuperación da fotografía histórica galega.

Mostras dispersas


Un total de seis salas de Vigo recollen as mostras que conforman esta nova edición da Fotobienal. Un certame que este ano presenta como novidade a itinerancia das exposicións de "Identidades" e do arquivo "Massó". A Casa da Cultura Galega acolle "Identidades", unha serie fotográfica realizada polos novos valores fotográficos do noso país. Polo demais, o Centro Cultural Caixanova exhibe o arquivo "José María Massó", con imaxes inéditas tomadas nos anos 20.




Fotografía comprometida


Exposición central, na Casa das Artes, Cadernos de Viaxe, na sá dos Peiraos, e os Naufragos na cidade compoñen a mostra titulada A Outra metade. Unha exhibición que ofrece traballos de fotógrafos tan recoñecidos como James Natchwey ou a Eric Larrayadieu.





Outras actividades



Cine, conferencias e proxeccións completarán do 29 ó 31 de outubro as exposicións que conforman esta nova edición da Fotobienal.

Que che parece esta nova?
10 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Exposicións, Fotografía, Cine...