Vigo prepara un outono cultural moi axitado. A inauguración do Marco, a exposición do tricentenario da Batalla de Rande, a exitosa exposición do acabado de estrear Museo do Mar.... pero neste panorama cultural hai un oco a botar en falta. Chámase Fotobienal que este ano non se celebrará, como viña sendo habitual por estas datas, desde hai vinte anos. Este ano a X Fotobienal redúcese a unha exposición no Marco.
O outono cultural chega a rebordar de actos en Vigo. En parte porque hai uns proxectos que se abren e outros que se pechan. O que se abre é o Marco, trala súa presentación oficial na feira das feiras de Arte Contemporánea (ARCO) o pasado mes de febreiro en Madrid, abre por fin as súas portas. Farao o vindeiro dÃa 25 de outubro e para o que se agarda unha gran expectación do que será un museo de titularidade municipal que albergará fondos de arquivos xa existentes na cidade (como, por poñer un exemplo, o Quiñones de León). E tamén hai outros que perden a súa entidade ou desaparecen. É o caso da Fotobienal.
¿Cuestión de forma?
Xurdida a principios dos anos oitenta, a Fotobienal naceu, en palabras de Xosé LuÃs Suárez Canal, un dos organizadores deste evento cultural, como un espacio “de recuperación de fotografÃa histórica, de dinamizar a fotografÃa galega, de facer a de Vigovisións, no que artistas destacados do panorama internacional, ofrecÃan a súa forma de concibir a cidade sen perder de vista o que están facendo os máis novos”. E para todo isto varias seccións: fotografÃa histórica, Vigovisións (a visión que cada fotógrafo ofrecÃa da cidade de Vigo), Novos creadores (darlle unha oportunidade ós mozos galegos que comezan na fotografÃa), ciclos de conferencias e bolsas de formación do alumnado, arroupado baixo unha idea xenérica (o ano pasado a crÃtica e o documentalismo social) e presentado en diferentes espacios cada dous anos. A isto chamábaselle “Fotobienal” e como todo isto non terá lugar este ano é polo que Suárez Canal afirma rotundamente “este ano non hai Fotobienal”. Algo diferentes son as palabras de Carlos PrÃncipe, concelleiro de cultura vigués, que matiza “si haberá Fotobienal pero estará integrada dentro da programación do Marco, é dicir, a Fotobienal pasará a formar parte das actividades que estableza o Marco. E este ano haberá unha de transición para adaptarse á súa nova etapa”.
Chámeselle ou non Fotobienal o que está claro é que as cousas serán diferentes dentro da liña de compromiso que a cidade de Vigo presentaba coa fotografÃa como entidade cultural propia. E son diferentes en canto a cartos, organización e exhibición da mostra, o que desvirtúa o sentido co que naceu hai vinte anos.
Os cambios
Dos 180.000 euros que se lle viñan concedendo ó Cef (Centro de Estudos Fotográficos dirixido por Manuel Sendón e Xosé LuÃs Suárez Canal) para a organización do evento este ano só hai doce mil, aÃnda que PrÃncipe afirman ser trinta mil. Ben é certo, que desde o Cef están agardando a asinar un novo contrato polo que se lle aumente este orzamento. E con esta cantidade de cartos van, segundo Suárez Canal, “a recuperar un vello proxecto noso que é o de facer unha exposición cos fondos do concello de Vigovisións para saber o qué representou a obra realizada en Vigo de cada autor dentro do seu traballo en todo o mundo e logo editar un libro”. É dicir, a mostra que se vai a presentar no Marco a partires do mes de abril pretende ser un traballo de investigación do que supuxo a sección Vigovisións dentro de cada autor, onde se expuxo despois, que formatos tivo, a súa importancia e a que lugares se levou este traballo. Eso si, esta exposición pretende ser como un punto de partida de cada autor e un punto de retorno para a cidade viguesa, como unha ollada sobre si mesma do que se mostrou durante nove edicións do evento.
Se facemos un cálculo do que lle supuxo ó Concello (único financiador da Fotobienal, en palabras de Suárez Canal) as nove edicións deste evento as contas rodean os 721.214 euros (uns 120 millóns de pesetas). Unha cantidade nada insignificante que serviu para encher seis salas da cidade viguesa durante dous meses nos nove anos anteriores (recordemos que o evento era bienal) cunha entrada exitosa e numerosa. E non só iso, o Concello de Vigo atesoura un material fotográfico que, unido ó xa no seu poder (o arquivo Pacheco que está en fase de dixitalización), supón un valioso legado. E xa non só pola cantidade e calidade das fotografÃas, senón porque Suárez Canal estima que “o seu valor no mercado supera os 3.600 euros (uns 600 millóns de pesetas)”.
Ademais do valor económico está o valor expositivo e educativo que estaba desenvolvendo a Fotobienal. Xa non só para as novas xeracións, das que se destacaba o seu traballo, senón tamén para servir de reclamo histórico, expoñendo o traballo dos antergos, dos antecesores, dos históricos. E desde o Cef, en palabras de Suárez Canal “seguimos traballando e nós ante a negativa a facer unha fotobienal (que comezaba a encargarse no mes de novembro anterior ó propio evento) o que estivemos facendo é colaborar con outros concellos e con outras entidades públicas”. É o caso da exposición “Caamaño: retratos da Costa da Morte” que estaba concibida para seguir coa sección de FotografÃa histórica da Fotobienal e que leva desde o mes de febreiro circulando, da man de Caixanova, por diferentes cidades galegas. E como di Suárez Canal “ non hai que parar porque senón aquà en Galicia a fotografÃa morre”.