Os editores presentan un novo e mellorado sitio web da súa asociación

Editores en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Novas actualizadas, documentación do sector, axenda de eventos, información mellorada das editoriais e mesmo información sobre convocatorias de premios son os contidos que a partires de agora a Asociación Galega de Editores fará públicos a través de Internet. O seu novo sitio web inclúe unha ampla oferta de contidos actualizados, os seus obxectivos como asociación e mesmo algúns consellos para autores que queiran editar as súas obras. A AGE agrupa na actualidade a trinta e dúas empresas editoriais radicadas en Galicia, de todas elas dan información ampla neste sitio web, ademais de ofrecer os enlaces aos seus sitios web, de telos, e a outras entidades e institucións do seu interese.

Máis información no sitio web da AGE

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, AGE, Internet, Asociación Galega de Editores