Os editores analizan nun congreso a relación entre as tecnoloxías e os libros

e-ditores

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
“O libro e a lectura” é o título do II simposio co que a Asociación Galega de Editores (AGE) analiza a relación do libro coas novas tecnoloxías. Na xornada inaugural, os conferenciantes fixeron un percorrido histórico pola industria editorial e polas posibilidades de promoción e distribución dos contidos a través das novas tecnoloxías. Entre as intervencións, Manuel Gago defendeu que a popularización da edición electrónica terá lugar cando se supere a barreira tecnolóxica, coa solución de problemas dos dispositivos móbiles, tal e como tivo acontecido noutras industrias editoriais, como a discográfica.

Máis información no web da Asociación de Editores e consulta a comunicación sobre Tendencias do Libro electrónico aquí

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, AGE, Manuel Gago, Asociación Galega de Editores...

Claves

Protagonistas
Conceptos