Retómanse as escavacións no maior depósito de túmulos neolíticos que existe en Galicia

Camposanto da Idade de Pedra

20/6/2005 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Historia
2 lecturas | Compartido 0 veces
Logo de dez anos sen ser investigada, Patrimonio autorizou a realización de novas escavacións na maior concentración de enterramentos do Neolítico que existe en Galicia. O concello das Pontes alberga baixo o seu chan máis de cento trinta túmulos catalogados nesta época e, segundo Jacobo Vaquero, responsable das investigacións, pode haber ata trescentos nas proximidades da mina de lignito, o que faría deste lugar un dos máis significativos neste sentido a nivel europeo. As catas que se prevén realizar analizarán os terreos nos que se quere construír un parque empresarial e tentarán localizar novos túmulos.

Máis información en La Voz de Galicia


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos