Comezan os traballos para protexer a necrópole neolítica de Monte Penide

O primeiro paso consiste na realización do inventario dos bens

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Máis coñecida como Chan da Cruz ou Chan das Formigas, a necrópole de Monte Penide (Redondela) é o conxunto de dolmens máis destacados da provincia de Pontevedra. A mámoa do Rei é a máis importante dos 39 túmulos (chamados tamén os Cortellos dos Mouros) que conforman unha das maiores concentracións deste tipo de enterramentos no noroeste peninsular. A Consellaría de Cultura quere protexer este complexo declarándoo Ben de Interese Cultural (BIC) e para iso acaba de iniciar a primeira fase do proceso, que pasa pola realización do inventario e a catalogación de todos os seus bens. O complexo é conxunto histórico-artístico desde 1970.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Redondela, Pontevedra