O lectorado de galego en Berlín celebra o DLG cunha xornada de conferencias sobre Lorenzo Varela e literatura galega

DLG en Berlín

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os escritores Santiago Jaureguizar e Antón Lopo, xunto ao profesor universitario Luciano Rodríguez participarán este venres en Berlín nunha xornada de celebración do Día das Letras Galegas. As conferencias organizadas polo lectorado de galego da Freie Universität Berlin, en colaboración co Ibero-Amerikanisches Institut de Berlín (IAI) versarán sobre Lorenzo Varela e a proxección exterior da literatura galega actual. O acto, de entrada gratuíta e aberto a todas as persoas interesadas, vai ter lugar na sala Simón Bolívar do IAI na tarde do vindeiro venres, 17 de xuño.

Máis información no sitio do lectorado da Freie Universität

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berlín, Literatura, Santiago Jaureguizar, Jaureguizar...