A ConsellerÃa de Cultura e Turismo convocará proximamente cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas noutras tantas universidades por un importe de 238.595,40 euros para un perÃodo de tres anos. O Consello da Xunta deulle este xoves o visto e prace á autorización do gasto para o financiamento desta acción que se enmarca dentro das actividades de promoción e ensino da lingua e da cultura galegas a través de convenios de colaboración con universidades de distintos paÃses a través dos centros de estudos galegos (CEG). Por medio dunha orde especÃfica, o Goberno autonómico publicará proximamente a convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de galego nas universidades do Algarve (Portugal), Freie Universität Berlin (Alemaña), Universidade do Estado do RÃo de Janeiro (Brasil), La Sapienza Università di Roma (Italia) e Sveučilište u Zadru (Croacia). A data prevista de incorporación será o 1 de outubro de 2019 en todas as prazas, agás no caso da localizada en Brasil, que será o 1 de xaneiro de 2020. O importe mensual das bolsas é de 1277,12 euros.