A Xunta convoca prazas para dez Centros de Estudos Galegos

Seleccionará profesorado-lector para Portugal, Alemaña, Brasil, italia, Croacia, Reino Unido e Polonia

O Diario Oficial de Galicia publicaba este luns a convocatoria de prazas para profesorado lector de lingua, literatura e cultura galega en dez Centros de Estudos Galegos. En concreto, o anuncio recolle cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas existentes nas universidades do Algarve (Portugal), Berlín (Alemaña), Río de Xaneiro (Brasil), Roma (Italia) e Zádar (Croacia). En paralelo, convócanse cinco prazas nos lectorados das universidades de Bangor (Reino Unido), Heidelberg, Kiel, Leipzig e Leipzig (Alemaña) e Varsovia (Polonia). Con esta convocatoria, a Secretaría Xeral de Política Lingüística renova 10 dos 27 lectorados universitarios que ten nos 35 centros de estudos galegos que integran a Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.