A Xunta convoca cinco prazas para lectorados de galego

Son para universidades en España, Reino Unido, Francia e Brasil

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de cinco prazas docentes en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en España (Universidade do País Vasco), Reino Unido (universidades de Oxford e de Birmingham), Francia (Universidade da Sorbona Nova-París III) e Brasil (Universidade Federal de Bahía). As persoas interesadas en concorreren a estes postos recollidos en dúas convocatorias poderán presentar a súa solicitude ata o vindeiro día 27 de xullo. O 22 de setembro, ás 9:30 horas, celebraranse as entrevistas persoais do proceso de selección na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada en Santiago de Compostela. Os textos íntegros das dúas ordes de convocatoria e toda a información pódense consultar no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.lingua.gal.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito