Leilía distribuirá o seu novo disco Son de Leilía exclusivamente en Internet

Pandeireteiras redeiras

13/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O grupo Leilía demostra unha vez máis a modernidade da súa proposta coa distribución exclusiva a través da rede do seu novo disco. As pandeireteiras composteláns presentarán neste traballo, de nome “Son de Leilía” como o espectáculo que veñen facendo en directo, unha recompilación de temas inéditos da formación en colaboracións en discos colectivos que non se chegaron a distribuír en España, temas de bandas sonoras e colaboracións con outros músicos e grupos. O disco estará dispoñible na rede a mediados de xullo. O grupo ten actualmente no seu sitio web o tema “Mil camiños” dispoñible para a súa descarga de balde.

Máis información en La Voz de Galicia
e no sitio web de Leilía

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/12/2011

Leilía pura

O grupo de pandeireteiras aposta por un son máis espido en Consentimento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leilía, Internet, Espectáculo, La Voz de Galicia

Claves