Leilía e Treixadura únense en Son de Aquí, un espectáculo que quere promocionar a nosa música tradicional

Xuntos de aquí

16/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Até cinco horas de espectáculo no que se combinan as músicas do grupo de cantareiras Leilía e o de gaiteiros Treixadura (que tamén achega o orfeón do mesmo nome) cos contos do actor Quico Cadaval e cun grupo de baile tradicional. Esta é a oferta de Son de Aquí, un proxecto producido e dirixido por estes dous grupos que quere ofrecer unha visión da cultura tradicional que vaia alén do aspecto puramente musical. A idea é achegar a festa unha festa con raíz a todas as localidades do país ao tempo que se presentan os últimos traballos destas formacións.

Máis información en La Opinión; no web de Treixadura e no web de Leilia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Treixadura, Espectáculo, Leilía, Quico Cadaval...

Claves

Protagonistas
Conceptos